Consultoría de Xestión Empresarial
1. Xestión empresarial e consultoría.
Na consultoría de Xestión de Empresarial, o servizo debe ser prestado en función das necesidades do cliente, sendo moi estritos na selección de servizos que prestamos aos nosos clientes coma nos tempos e metodoloxía de traballo. A nosa finalidade é proporcionar un servizo de calidade que satisfaga as necesidades e expectativas dos nosos clientes sobre os traballos encomendados, podendo dar servizos de asesoramento empresarial de forma puntual, se así se nos solicita.
A continuación detallamos os servizos que estamos prestando ou que fixemos prestado nos últimos tres anos, estando abertos á prestación doutros servizos específicos que nos soliciten:
- Xestión e Restruturación de empresas en Crise-Confección de Plans de Viabilidade para diferentes obxectivos
- Preparación de Plans de Empresa-Asesoramento Estratéxico Asesoramento na Organización
-Administrativa-Asesoramento á Dirección Financeira
- Asesoramento na Organización comercial
- Análise de Rendibilidades das Actividades
- Apoio á Xestión do Departamento Administrativo-Financeiro da Empresa. Con cesión do noso persoal se for necesario
- Confección de Contabilidades nas nosas instalacións
- Revisión e axuste da Contabilidade da Empresa-Preparación de Contas Anuais e outros Estados Financeiros
- Preparación de Contas Anuais Consolidadas-Asesoramento
Fiscal, Contable
2. Servicios de Auditoría de Contas e Assurance
Dentro do ámbito da Auditoría de Contas existen múltiples e variados tipos de informes que se poden preparar.
A continuación detallamos os servizos de Auditoria de Contas que fixemos prestado nos últimos anos. Tamén estamos abertos ao estudo e prestación dos servizos de Auditoría de Contas que se nos soliciten dentro dos estipulado nas normas técnicas de auditoría:
- Auditoría de Contas Anuais
- Auditoría doutros Estados Financeiros
- Informes Especiais e Revisións Limitadas
- Procedementos Acordados
- Informes de Valoración de Empresas
3. Pericial de Carácter Económico
A dirección de Heroi & Partners ten unha ampla experiencia na preparación de ditames periciais de carácter económico e no exercicio da Administración concursal, tendo coñecemento de primeira man dos problemas que se producen nas empresas que están ou teñen necesidade de estar en concurso de acredores.
A continuación detallamos os servizos que prestamos no ámbito pericial e concursal:
-Preparación de Memorias Económicas para preparación de solicitudes de concurso de acredores.
- Dictames Periciais de carácter económico, por nomeamento xudicial
- Dictames Periciais de carácter económico, de parte
Se ten calquera dúbida respecto aos servizos ofertados, póñase en contacto con nós e atenderemos no menor tempo posible.